LITERATURA EN GUERRA

 


PALESTINA

Tras a vitoria de Hamás nas eleccións parlamentarias de 2006 e a súa toma do poder na Franxa de Gaza en xuño de 2007, o control real de Palestina dividiuse en dous. Por unha banda, Fatah (principal compoñente da OLP e da Autoridade Nacional Palestina) que predomina en Cisxordania. Por outra banda, Hamás controla a Franxa de Gaza. Esta división levou ao colapso do goberno palestino. Desde entón non se convocaron novas eleccións en Palestina. Outra consecuencia foi que a Franxa de Gaza foi sometida, dende entón, a un bloqueo económico e comercial por parte do estado de Israel e Exipto, que provocou unha crise humanitaria na zona.




 

Mapa de Israel e os territorios palestinos 

                 no ano 2007. 







O CONFLICTO ESTÁ INCOMPLETO: 

É un libro onde a autora  Irmgard Emmelhainz conta en forma de diario a súa experiencia despois de estar de 2007 a 2015 vivindo nunha das zonas de gran conflito bélico persistente na historia. 

O título do libro reflicte o inconcibible que é que os palestinos poidan ver as cidades israelís desde os seus territorios ocupados e non poidan cruzar.

el cielo está incompleto (ebook)-irmgard emmelhainz-9786073159920

Para plasmar o conflito, a autora experimenta con diversos ángulos de visión combinando historias contadas, actualidade e historia escrita, historias de amor, amizade e outro tipo de experiencias persoais. O obxectivo destes textos é ofrecer aos lectores unha imaxe de como é vivir baixo un dos conflitos políticos máis urxentes na actualidade. 

Durante a súa estadía en Oriente Próximo, a autora di: "Recoñecínme vendo e escoitando, incapaz de rexistrar o que estaba experimentando; estaba buscando diferentes formas de procesar as miñas percepcións.



FRAGMENTO DA OBRA

"Durante los años gloriosos de esta utopía liberal de multiculturalismo global, se le dio a todo el mundo voz para hablar a partir de su punto de vista ya fuera étnico, religioso histórico, nacional o de género."



Comentarios